(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xullo de 1965 (59 anos) Selzthal, Austria (pt) |
Chanceler de Austria | |
28 de maio de 2019 – 3 de xuño de 2019 (Caso de Ibiza (pt) ) ← Sebastian Kurz – BrigitteBierlein → | |
Vice-Chancellor of Austria (en) | |
22 de maio de 2019 – 28 de maio de 2019 (Caso de Ibiza (pt) ) ← Heinz-Christian Strache – Clemens Jabloner → | |
Finance minister of Austria (en) | |
18 de decembro de 2017 – 3 de xuño de 2019 (Caso de Ibiza (pt) ) ← Hans Jörg Schelling – Eduard Müller (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de São Galo (pt) Universidade de Economía e Empresa de Viena Universidade de Viena |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Empregador | Austrian Federal Government (en) |
Partido político | Partido Popular Austríaco (pt) |
Hartwig Löger, nado o 15 de xullo de 1965 [1][2] en Selzthal,[3] Estiria, é un executivo e político austríaco.
Foi Ministro de Economía dende o 18 de decembro de 2017 ata o 3 de xuño de 2019.[4][5] Do 22 ao 28 de maio de 2019, exerceu brevemente como vicechanceler do goberno federal e do 28 de maio ao 4 de xuño como chanceler interino de Austria, tras a moción de censura contra o goberno de Sebastian Kurz.[6]
Hartwig Löger medrou en Selzthal, en Estiria, e graduouse en 1983 no Stiftsgymnasium Admont .[7] Orixinalmente quería ser piloto, no exército comezou un adestramento de cadetes e realizou o exame de entrada de pilotos. Non aprobou debido a unha lesión no xeonllo e acabou por casualidade na industria dos seguros.[5] En 1987/88 fixo un curso universitario sobre a industria dos seguros na Universidade de Economía de Viena e de 1999 a 2001 completou un curso internacional de xestión (IMEA) na Universidade de Sankt Gallen.[2]
De 1985 a 1989 traballou como asesor dun corredor de seguros, despois ata 1996 como xerente de vendas para Estiria de Allianz, despois ata 1997 como axudante de xestión en Grazer Wechselseitige e ata 2002 como xerente de vendas en Donau Versicherung AG. Entre 2002 e 2017 traballou para o grupo de seguros UNIQA, inicialmente como director xeral de UNIQA International Versicherungs-Holding GmbH ata 2005 e ata 2011 como xefe de vendas exclusivas do grupo. En 2011 fíxose membro do consello executivo de UNIQA Versicherungen AG e director executivo de UNIQA Austria (dende 2013 UNIQA Österreich Versicherungen AG),[2] onde en decembro de 2017 o sucedeu Kurt Svoboda.[8]
De 2014 a febreiro de 2018 foi o sucesor de Peter Haubner no posto de presidente de Sportunion,[5] ata que o substituíu Michaela Steinacker.[9] Löger está casado, ten dous fillos e vive en Viena.[2]
Dende setembro de 2011 é membro da organización vienesa da Unión Empresarial do Partido Popular de Austria.[10] Ademais, é membro da irmandade estudantil católica Markomannia-Eppenstein da Mittelschüler-Kartell-Verband, e o seu nome en clave é Seneka, en referencia ao filósofo romano Séneca.[11]
Hartwig Löger é dende o 18 de decembro de 2017, Ministro de Economía. Foi nomeado polo Partido Popular (ÖVP) para este cargo ao inicio do goberno de coalición liderado por Sebastian Kurz.
Xunto a Gernot Blümel, Günther Helm (de Hofer KG) e Wolfgang Leitner, foi dende xaneiro de 2018 membro do Comité de Nomeamentos da ÖBIB (Österreichischen Bundes- und Industriebeteiligungen GmbH), que decide os investimentos que se fan nas empresas estatais.[12] En outubro de 2018, Löger presentou os seus plans para unha nova explotación estatal e posteriormente converteu a ÖBIB en ÖBAG, Österreichische Beteiligungs AG.[13][14]
O día 21 de marzo de 2018, realizou o seu primeiro discurso sobre orzamentos no parlamento e presentou un dobre orzamento para o 2018/2019. En 2018 debido aos baixos intereses gastáronse 488 millóns de euros menos que o gasto estimado, cun aforro real de 66 millóns de euros.[15] Para o ano 2019, o Ministerio de Facenda presupostou un superávit orzamentario de 541 millóns de euros.[16] Por primeira vez dende 1954, Austria conseguiu un superávit orzamentario no goberno federal.[17]
Löger foi brevemente, entre o 22 e o 28 de maio de 2019, vicechanceler de Austria, despois da dimisión de Heinz-Christian Strache, por mor do Caso Ibiza. O 28 de maio de 2019, tras a celebración con éxito dunha moción de censura contra o goberno de Sebastian Kurz, Löger xurou o cargo como chanceler de Austria mentres non se formaba un novo goberno.[18] O 3 de xuño Alexander Van der Bellen nomeou a Brigitte Bierlein como nova chanceler.[6]
En febreiro de 2018, opúxose á declaración país por país (country-by-country-reporting en inglés) por non ser "a forma máis eficaz para loitar pola xustiza fiscal".[19] Foi criticado por isto, entre outros, pola organización antiglobalización Attac .[20] O delegado do Parlamento da UE, Othmar Karas, anunciou que quería promover no seu propio partido a introdución da declaración país por país.[21] Como resultado, Löger deixou claro que debía haber unha decisión fiscal completa para as corporacións a nivel internacional, pero a pregunta era como deben publicarse os detalles.[22]
No outono de 2018, Löger pediu a introdución dun imposto sobre os beneficios das accións en Austria e na UE. Ao mesmo tempo, puxo fin aos esforzos realizados dende 2014 por dez estados da UE, incluída Austria, para introducir un imposto sobre transaccións financeiras.[23]