Haumea | |
---|---|
Deusa da fertilidade e dos partos | |
Rexión | Hawai |
Grupo étnico | Pobo hawaiano |
Información persoal | |
Consorte | Mulinaha, Kanaloa |
Fillos | Pele, Kāne Milohai, Kāmohoaliʻi, Nāmaka, Kapo, Hiʻiaka, Laumiha, Kahaʻula, Kahakauakoko e Kauakahi |
Haumea é a deusa da fertilidade e os partos na mitoloxía hawaiana. É a nai de importantes deidades, como Pele, Kāne Milohai, Kāmohoaliʻi, Nāmaka, Kapo e Hiʻiaka. Haumea é unha das deidades hawaianas máis importantes, e a súa adoración é das máis antigas nas illas de Hawai.[1] Segundo as lendas, foi finalmente asasinada por Kaulu.
O 17 de setembro de 2008 a Unión Astronómica Internacional (IAU) anunciou o nome de Haumea para deniminar ao quinto planeta anano do sistema solar na honra desta deidade hawaiana. As dúas lúas deste planeta nomeáraronse como as fillas da deusa Haumea: Hiʻiaka e Namaka.[2]