Haustorio

Hyaloperonospora parasitica: Hifas e haustorios.

En micoloxía, un haustorio é o extremo da hifas dun fungo parasito, simbionte ou da raíz modificada dunha planta parasita (por exemplo no xénero Orobanche) que penetra no tecido do anfitrión, pero permanece fóra da membrana da célula hóspede.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os fungos de todas as divisións importantes forman haustorios, que poden tomar varias formas. Xeralmente, na penetración, o fungo aumenta a área superficial en contacto coa membrana plasmática do anfitrión, liberando as encimas que creban a parede celular,e permitindo o maior movemento potencial da materia orgánica do anfitrión ao fungo.

As formas máis simples de haustorio son pequenas esferas. Os máis grandes son formacións complexas con forma palmada as que ocupan unha proporción significativa da parede da célula hóspede. Tamén hai formas espirais.

Procesos fisiolóxicos

[editar | editar a fonte]

Os haustorios xorden das hifas intercelulares, chamadas apresoria, ou hifas externas. A hifa estréitase mentres que se adhire á parede celular e despois se esparexe envolvendo a célula. Un espeso colar de material mesto deposítase de redor da hifa no punto de invaxinación. Ademais, a parede celular do anfitrión modifícase en gran medida na zona invaxinada. As inclusións que normalmente están presentes na membrana do plasma están ausentes, e a camada externa contén máis polisacáridos. A parede de ambos os socios redúcese severamente.

A troca funcional ocorre dentro do complexo do haustorio. O anfitrión fornece nutrientes orgánicos ao fungo, e a actividade metabólica dentro do complexo é considerabelmente maior ca fóra. Os nutrientes do anfitrión son chuchados polo fungo, e transportados inmediatamente ao resto do talo. A planta anfitrioa semella funcionar segundo os sinais do fungo e o complexo parece estar baixo control do invasor.[1]

  1. "Mycology - Structure and Function - Haustoria". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2009. Consultado o 19 de xuño de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]