Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1988 (35/36 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Líbano |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , humanitaria , activista |
Movemento | Feminismo |
Premios
| |
Páxina web | hayatmirshad.com |
Hayat Mirshad, nada en 1988, é unha xornalista feminista libanesa, activista, e cofundadora do colectivo feminista sen ánimo de lucro FE-MALE. Ten unha licenciatura en literatura inglesa pola Universidade libanesa e unha licenciatura nun curso de xénero en desenvolvemento humano e axuda humanitaria pola Universidade americana de Beirut.[1]
Hayat Mirshad fundou o primeiro programa de radio feminista do Líbano en 2012, chamado "Sharika wa Laken" (Un socio aínda non igual). En 2007, cofundou o colectivo feminista sen ánimo de lucro FE-MALE onde segue sendo co-directora. É tamén xefa de comunicacións no Encontro Democrático de Mulleres Libanesas e membro do Ágora de Innovación de Xénero de Xoves de ONU Mulleres.[1]
En 2020, Mirshad foi recoñecida pola BBC como unHa das 100 muLLeres máIs influentes e inspiradoras do ano polo seu traballo como codirectora de FE-MALE.[2][3]