Heat Capacity Mapping Mission

Heat Capacity Mapping Mission / HCMM / Explorer 58 / AEM-A
HCMM
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento26 de abril de 1978[1][2][3]
Foguete portadorScout F[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][4]
Obxectivo da misiónEstudo térmico da superficie terrestre[2][4]
Decaemento22 de decembro de 1981[1]
NSSDC ID1978-041A
Masa117 kg[2][4]

Heat Capacity Mapping Mission, tamén coñecido polo seu acrónimo HCMM, como Explorer 58 e como AEM-A (Applications Explorer Missions-A), foi un satélite científico da NASA lanzado o 26 de abril de 1978 desde a base Vandenberg da Forza Aérea a bordo dun foguete Scout F.[2][4]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de HCMM foi facer unha exploración térmica precisa e a alta resolución da superficie terrestre. O satélite constaba de dous módulos:[2][4]

  • o módulo instrumental, que contiña o radiómetro e o seu soporte.[2][4]
  • o módulo base, co sistema de control, comunicacións, alimentación e comando.[2][4]

HCMM estabilizábase mediante xiro, a unhas 14 revolucións por minuto,[2][4] e foi inxectado nunha órbita heliosincrónica de 558 km de perixeo, 639 km de apoxeo, unha inclinación orbital de 97,6 graos e un período de 96,7 minutos.[3] ideada para medir temperaturas superficiais cerca do máximo e o mínimo do ciclo diúrno.[2][4]

O satélite non tiña capacidade de almacenamento de datos, polo que tiñan que emitirse e recibirse en tempo real nalgunha das sete estacións terrestres con capacidade para iso. O ciclo de repetición da comunicación coas estacións era de 16 días.[2][4]

Entre o 21 e o 23 de febreiro de 1981 a órbita de HCMM foi baixada de 620 km a 540 km para evita-lo desplazamento do plano orbital a ángulos solares pouco favorables para os paneis solares. A misión finalizou o 30 de setembro de 1980.[2][4]

Resultados

[editar | editar a fonte]

Os datos de HCMM foron utilizados, entre outras cousas, para facer unha análise cuantitativa e construír un modelo de simulación de comportamento do solo respecto da auga con potencial uso en agricultura.[5]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2012). Real Time Satellite Tracking, ed. "HCMM" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 NASA (4 de novembro de 2011). "HCMM" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 28 July 1978 from the Permanent Representative of the United States addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (78-17687): 4. 9 de agosto de 1978. Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: HCMM (AEM 1)" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  5. Nieuwenhuis, G. J. A. "Application of HCMM satellite and airplane reflection and heat maps in agrohydrology". Advances in Space Research 1 (10): 71–86. Consultado o 16 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]