Hedera hibernica | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Hedera hibernica é unha das especies do xénero Hedera nativa das costas atlánticas de Europa[1]
Planta perenne moi vigorosa, non rizomatosa de hábito rastreiro ou trepador, adhírese ás superficies por medio de raíces aéreas. Como todas as especies de Hedera, ten dúas formas de follas. As das ramas novas son estériles, xeralmente cordiformes ou palmadas; poden ser tamén puntiagudas, con 3 a 5 lóbulos —o central máis longo que os laterais—, con base truncada, de cor avermellada a verdoso e tricomas estrelados. As das ramas fértiles son enteiras —ás veces tamén trilobuladas—, xeralmente elípticas ou ovadas, ou mesmo lanceoladas, separadas por entrenós. Todas son de cor verde pardo a intenso, con nervios verdosos pouco prominentes. As inflorescencias terminais xorden en umbelas con 10-35 flores diminutas de cor amarela verdosa, con pétalos deltoideos e sépalos triangulares de cor castaña. Os froitos son pequenas bagas negro azuladas, ás veces dun verde escuro. Conteñen de 2 a 5 sementes.
Ten un número de cromosomas de 2n = 96.[2]
Orixinaria das costas atlánticas europeas, tanto noroccidentais como suroccidentais. Atópase naturalizada en Norteamérica.[3]
O seu hábitat natural son os bosques húmidos e os tépedos caducifolios.
Cultívase amplamente como ornamental. Debido ao seu rápido e vigoroso crecemento, do mesmo xeito que o seu parente Hedera helix (a hedra común), considérase especie invasora nas zonas de Norteamérica que teñen invernos suaves e tende a invadir amplas zonas e mesmo afogar as plantas ás que se adhire para rubir.[4]
Hedera hibernica foi descrita por (G.Kirchn.) Carrière e publicada en Revue Horticole 62: 163. 1890.[5]
Hedera: nome xenérico dado á hedra.
hibernica: epíteto do grego antigo que significa "do inverno".[6]
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hedera hibernica |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hedera hibernica |