Un hei tiki é unha figuriña maorí con forma de feto humano ou humanoide que normalmente só levan as mulleres, a modo de colar, como talismán da fertilidade. A maxia atribuída a un hei tiki vaise incrementando de xeito que pasa dunha xeración a outra e, en especial, se pertenceu a alguén de prestixio.
Para algúns, o hei tiki serve de protección contra os vengativos espíritos dos nenos nacidos mortos, mentres que outros sosteñen que é unha representación de Tiki, deus polinesio creador da vida.
Os hei tikis adoitan estar esculpidos en nefrita e son moi codiciados por coleccionistas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hei tiki |