Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1242 (Gregoriano) ![]() |
Morte | 14 de marzo de 1271 ![]() Nocera Inferiore, Italia (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Outro | |
Título | Consorte de Sicilia (1259–1266) ![]() |
Familia | Dinastía Comneno Ducas ![]() |
Cónxuxe | Manfredo de Hohenstaufen ![]() |
Fillos | Beatriz da Sicília (1260–1307) ![]() |
Pais | Miguel II Comneno Ducas ![]() ![]() |
Irmáns | Ana Comnena Ducaina Nicéforo I Comneno Ducas João I Ducas Demétrio Ducas Comneno Coutrole ![]() |
![]() |
Helena Anxelina Ducaina (na súa lingua materna, Ελένη Αγγελίνα Κομνηνή Δούκαινα) tamén coñecida como Helena de Epiro, nada en 1242 e finada en Nocera Inferiore en 1271, foi a segunda esposa e raíña consorte de Manfredo de Sicilia.
Filla de Miguel II Ducas, gobernante do Despotado de Epiro, e de Teodora Petralifaina. Nalgunhas fontes o seu pai aparece designado como Miguel Angelo. Foi irmá de Nicéforo I Ducas, que sucedeu a seu pai no Despotado do Epiro, e media irmá por parte de pai de Xoán I Ducas,[1] gobernante de Tesalia. O seu avó paterno foi Miguel I Ducas, fillo ilexítimo de Xoán Ducas, quen foi o fillo máis vello de Constantino, o sétimo fillo do emperador bizantino Alessio I Comneno e Irene Ducas.
Con dezasete anos, por mor duns acordos diplomáticos de seu pai, casou con Manfredo tras a morte da súa primeira esposa Beatriz de Savoia en 1257, subindo ao trono o 10 de agosto de 1258.
Manfredo era rexente do Reino de Sicilia desde 1254, reinando en nome do seu sobriño Conradino. Miguel II perdera a cidade de Durrës ante Teodoro II Láscaris do Imperio de Nicea en 1256. Manfredo reconquistou a cidade e os seus arredores dous anos máis tarde. Miguel II tiña aínda unha demanda territorial na cidade pero preparábase daquela para cercar Tesalónica.
A súa unión foi pensada para manter paz entre Epiro e Sicilia posto que Miguel II e Manfredo tiñan outras preocupacións máis perentorias. O seu dote incluíu todos os dereitos sobre Durrës (conquistada en 1256) e os seus arredores, xunto coa illa de Corfú. Corfú foi o único aumento territorial real para Manfredo. Non se tratou tan só dunha unión dinástica senón dunha alianza entre os dous reinos
Helena e Manfredo tiveron cinco fillos:
O 26 de febreiro de 1266 Manfredo morreu na batalla de Benevento mentres loitaba contra o seu rival e sucesor Carlos de Anjou. Helena, xunto cos seus fillos e a súa cuñada Constanza Augusta, foron capturados e encarcerados por orde de Carlos pois nunha reuniñon habida, en xullo e agosto de 1266, co rei de Nápoles, este pretendía saber onde se atopaba a amante de Conrado IV, Antoinette de Marrone e o fillo bastardo do Emperador, mais Helena non respondeu. Daquela, foi encarcerada no castelo do Parque de Nuceria Christianorum, hoxe Nocera Inferiore, onde morreu tras cinco anos de cativerio.