Helgeandsholmen é unha pequena illa situada no centro da cidade de Estocolmo, en Suecia.
Forma parte de Gamla Stan, a Cidade Vella de Estocolmo, e sitúase ao norte de Stadsholmen, en fronte do Stockholms slott ou Palacio Real de Estocolmo.
O Riksdag, o Parlamento sueco, é o único edificio da illa.
O nome de Helgeandsholmen deriva de "Den helige andens holmen", que significa o illote do Espírito Santo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Helgeandsholmen |