Helios 1B | |
---|---|
Tipo | Recoñecemento |
Fabricante | Aérospatiale, Matra Marconi |
Organización | DGA |
Data de lanzamento | 3 de decembro de 1999, 16:22 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Ariane 4[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[2][5] |
Obxectivo da misión | Recoñecemento.[2][5] |
NSSDC ID | 1999-064A |
Masa | 2537 kg[2][4][5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6999 km[1] |
Inclinación | 98,3º[1] |
Apoapse | 630,5 km[1] |
Periapse | 626,9 km[1] |
Helios 1B foi un satélite de recoñecemento europeo lanzado o 3 de decembro de 1999 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou.[2][4][5]
Helios 1B era un satélite militar de recoñecemento óptico subvencionado por Francia, Italia e España. Xunto con Helios 1A, podían obter imaxes de alta resolución, de ata 1 metro por píxel, de calquera punto do mundo. Helios 1B usaba o bus SPOT Mk.2. Estivo en funcionamento ata outubro de 2004 en que unha avaría no seu sistema de enerxía deixouno inservible.[2][4][5]