Heliporto de Alxeciras

Heliporto de Alxeciras
Helipuerto de Algeciras

IATA: AEI – ICAO: LEAG
Sumario
Tipo Público
Propietario/Operador Aena
Cidade/Illa Alxeciras
Localización Porto de Alxeciras
Elevación (msnm) 30 metros / 98.4 pés
Coordenadas 36°07′44″N 05°26′28″O / 36.12889, -5.44111
Web [1]
Heliporto(s)
Número Longo Superficie
metros pés
H01 2400 m² 25833.385 ft² Asfalto
Estatísticas (2010)
Pasaxeiros 10.999
Carga 0
Operacións 1.340

O Heliporto de Alxeciras é un heliporto público situado no porto da cidade andaluza de Alxeciras, na provincia de Cádiz. Foi inaugurado o 1 de xullo de 2010 polo ministro de fomento, José Blanco. É o segundo heliporto da rede Aena tras o heliporto de Ceuta.

Instalacións

[editar | editar a fonte]

O heliporto divídese en dúas partes: a terminal de pasaxeiros e a plataforma de engalaxe e aterraxe. A terminal de pasaxeiros é parte da xa existente no porto de Alxeciras, na que se adaptou unha zona para atender as necesidades do heliporto. A plataforma en cambio sitúase sitúase na cuberta do aparcadoiro do porto de Alxeciras, para o que se modificou a última planta do aparcadoiro situando unha estrutura metálica que inclúe a zona de aterraxe e as instalacións de bombeiros e mantemento. Esta plataforma ten 2.400 m² e sitúase a 30 metros sobre o nivel do mar. A terminal e a plataforma están unidas por unhas pasarelas exteriores cubertas. O custo foi superior aos 7 millóns de euros.

Encóntrase a 500 metros da estación de tren e a estación de autobuses de Alxeciras.

O heliporto ten como principal obxectivo a conexión co heliporto de Ceuta, cun tempo de voo de 7 minutos. A conexión é operada por Helicópteros del Sureste dende o 5 de xullo de 2010 con 41 voos semanais con helicópteros AgustaWestland AW139 cunha capacidade de 15 pasaxeiros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]