Hematémese

Hematémese
Clasificación e recursos externos
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A hematémese, en medicina, fai referencia á regurxitación con sangue procedente do tubo dixestivo alto de zonas anteriores aos ligamentos de Treitz. Tamén existe a hemorraxia dixestiva baixa, menos frecuente cá anterior e localizada por baixo do ligamento de Treitz.[1] Pode deberse a sangue fresco (cunha cor arrubiada) ou a sangue dixerido (tendo, daquela, unha cor máis escura ou negra e ao que se pode referir coma borras de café). Tamén puideran haber restos de alimentos.[2]

Etioloxía

[editar | editar a fonte]

Pode ter lugar por sangrados no esófago, no estómago ou nos intestinos, sendo diferentes as súas causas.[3]

Algunhas delas son a úlcera pancreática, a úlcera péptica, hemorraxia nasal, cancro do intestino ou do esófago, hepatite agudo ou alcólico, trastornos esofáxicos (como varices esofáxicas), hipertensión portal polo aumento da presión dos vasos sanguíneos que irrigan o portal hepático, a síndrome de Dieulafoy, o consumo de aspirina. Tan só as úlceras supoñen entre o 35% e 50% dos casos. A diverticulite representa a causa nun 17%-40%.

Sintomatoloxía

[editar | editar a fonte]
Aparello dixestivo onde se pode observar o esófago, o estómago e mailo intestino

A sintomatoloxía da hematémese ven condicionada pola súa causa, variando a súa manifestación segundo estas. Xa que logo, no canto de ser unha úlcera péptica o que a provoque, haberá acidez e malos cheiros na boca. Por contra, de se tratar dun tumor gástrico a causa, presentaranse náuseas, regurxitacións con sangue, malestar xeral e perda de peso, entre outras. Deste xeito, pódese dicir que a hematémese é un síntoma máis dalgunha patoloxía.

Diagnóstico

[editar | editar a fonte]

Quen presente regurxitacións con sangue debe de ir de inmediato ao hospital para facer unha avaliación e exploración. A perda de sangue pode supoñer unha urxencia médica. Faise precisa unha boa anamnese, unha exploración física e mesmo probas complementarias.

Nun primeiro momento, cómpre avaliar os parámetros vitais, coma a tensión arterial e mais a frecuencia cardíaca, a fin de comprobar se a perda de sangue é de importancia. Máis aínda, farase unha analítica de sangue para valorar os niveis de hematocritos, hemoglobina e outros parámetros básicos. Resulta esencial unha boa anamnese, pois permite pescudar se algunha causa ou patoloxía do paciente puido ter provocado a hematémese, ou se é de orixe descoñecida.

De chegar en estado grave o paciente, a prioridade é a estabilización, antes de tratar a causa adxacente. Diferentes probas coma unha endoscopia ou unha gastroscopia poden axudar no determinación da causa.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

O principal obxectivo de todo o tratamento deste trastorno é a eliminación das regurxitacións con sangue e garantir as constantes vitais. Xa que logo, a situación é urxente. Cómpre tranquilizar ao paciente e explicarlle sempre os procedementos a facer e por que.

Tratamento farmacolóxico

[editar | editar a fonte]

Porase unha vía endovenosa pola que se administrará soro terapia xunto con soro glicosalí (a cantidade vai depender do estado hemodinámico da persoa) a fin de manter a tensión arterial dentro dos parámetros normais. Xa que se detectou a causa, haberá que tratala de xeito individualizado.

No tocante aos fármacos, administraranse substancias anticoagulantes, antiácidos no canto das úlceras e mais o soro terapia. Asemade, cumprirá facer un cribado e crear reservas de hemacias por se for preciso no futuro inmediato.

  1. «Hematèmesi» (en catalán).
  2. «Vomiting blood» (en inglés).
  3. «Causas de la hematemesis Arquivado 15 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.» (en castelán). hematemesis.org.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]