Hemigaleus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hemigaleus australiensis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Hemigaleus é un xénero de peixes condrictios da subclase dos elasmobranquios, superorde dos selaquimorfos e orde dos carcarriniformes,[1][2] que o tipo da familia dos hemigaleidos.
O xénero foi descrito en 1852 polo ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.[1][2]
O nome científico Hemigaleus está formado pola unión dos elementos hemi- e -galeus. O primeiro é un prefixo do latín científico hemi-, calco do grego antigo ἡμι- hēmi- "semi"-, "medio", e o segundo fai referencia á semellanza e/ou á estreita afinidade co xénero Galeus,[3] (tiburóns da familia dos esciliorrínidos).
Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[1]
No xénero recoñécense tan só dúas especies:[1][2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hemigaleus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hemigaleus |