A hemoglobina A2 (HbA2) é unha variante normal da hemoglobina A que consta de dúas cadeas alfa e dúas delta (α2δ2) e encóntrase en baixos niveis no sangue humano normal. A súa importancia biolóxica aínda non se coñece ben.
A HbA2 existe en pequenas cantidades en todos os adultos humanos, xa que supón entre o 1,5 e o 3,1% de todas as moléculas de hemoglobina do corpo, e o seu nivel é aproximadamente normal en persoas que padecen anemia falciforme, as cales posúen hemoglobina S.[1] A hemoglobina A2 pode incrementarse na beta talasemia (non producen cadea beta) ou en persoas que son heterocigotas para o xene da beta talasemia, aínda que non a padezan.[2][3] A hemoglobina A2 está incrementada en pacientes infectados polo VIH en tratamento con zidovudina.[4] Obsérvanse baixos niveis de HbA2 na anemia por deficiencia de ferro, na persistencia hereditaria da hemoglobina fetal, e na enfermidade da HbH.[5]
A hemoglobina A2 (o tipo de hemoglobina de catro cadeas da que fala este artigo) non se debe confundir coa hemoglobina, alfa 2, que é só unha cadea alfa das hemoglobinas, codificada no xene HBA2.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|