![]() Estatua de Hermenexildo Gotérrez en Tui ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 842 ![]() |
Morte | c. 920 ![]() |
![]() | |
895 – 920 – Munio Goterrez → Xunto con: Lucidio Vimaraniz | |
Duque | |
895 – 920 ← Vitiza | |
![]() | |
895 – 920 ← Vitiza | |
Conde de Coímbra | |
878 – 920 – Arias Menendiz → | |
Conde de Tui | |
873 – 920 ![]() | |
Actividade | |
Carreira militar | |
Conflito | Conquista de Coímbra ![]() |
Outro | |
Título | Conde Duque ![]() |
Cónxuxe | Hermesinda Gatoniz ![]() |
Fillos | Ildonza Menendiz, Arias Menendiz, Inderquina Menendiz, Gudilona Menendiz, Goterre Méndez, Elvira Menendiz ![]() |
Pai | Gutierre Aloitiz ![]() |
![]() |
Hermenexildo Gotérrez foi un líder da nobreza galega do século IX, fillo de Goterre Aloitez e a súa muller Elvira.
Pertenceu á Curia Rexia de Afonso III e ostentou desde o ano 883 o máis alto cargo na mesma: mordomo real. Contaba con amplas posesións nas actuais Galiza e norte de Portugal. Foi conde de Tui, Porto e conquistador de Coímbra no ano 878.
O conde Hermenexildo aparece por primeira vez documentado no ano 869 confirmando unha doazón de Afonso III. Na década de 870 figura xa como membro do Consello Real de Afonso III, e desde o ano 873 como conde de Tui e Portucale (Porto). No ano 878 actúa como xuíz ao lado do seu sogro, -o conde Gatón do Bierzo- na resolución de preitos derivados da organización do territorio berciano[1]. A derradeira referencia ao conde prodúcese no ano 912, cando confirma unha doazón á igrexa compostelá do seu xenro o rei Ordoño II.
No ano 878 conquista e repoboa a cidade de Coímbra[2], desde entón e até a súa recuperación por Almanzor no 997, pasará a ser a máis meridional do Reino de Galiza chegando ata o río Mondego, nun momento en que a fronteira cristiá-musulmá, no centro da península, estaba aínda á altura de Burgos e no que Zamora non se pode dar como repoboada ata o ano 893.
Esta marcha cara ao sur da nobreza galega consolidou un espazo social galego-cristián ao sur do río Douro. Este espazo tan avanzado xeograficamente tivo que organizar a súa autodefensa mediante unha crecente autonomía, o condado de Coímbra, que xunto co Portucalense, serían o xermolo do futuro Reino de Portugal.
Cara ao ano 887, o dux galego Vitiza iniciou unha revolta contra o rei Afonso III, Hermenexildo aglutinou a nobreza galega leal ao monarca ovetense. Durante os sete anos que durou a rebelión, e que puxo en perigo a coroa do rei Afonso e a unidade do reino, fixo fronte aos ataques de Vitiza e contribuíu decisivamente á súa derrota. Impedindo que o rebelde se fixera co espazo galaico. No ano 895, o seu exército capturou a Vitiza, que foi levado á presenza do monarca. Como recompensa, o conde Hermenexildo recibiu o territorios do rebelde e o título de dux.[3]
Fillo de Goterre Aloitiz (810 - 875) e da súa esposa Dona Elvira[4], Hermenexildo casou cerca do ano 860 con Hermesinda Gatonez, curmá do rei Afonso III e filla do conde Gatón do Bierzo. Deste casamento tivo os seguintes fillos[5]: Goterre Méndez, titular xunto ao seu irmán Arias de seis dos condados galegos; Arias Méndez[6], conde de Coímbra; Elvira Méndez[7], raíña consorte de Ordoño II; Aldonza Méndez[8]; e Henderquina Méndez[9].