Hernando da Silva Ramos

Modelo:BiografíaHernando da Silva Ramos
Nome orixinal(fr) Hermano da Silva Ramos Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt-br) Hermano João da Silva Ramos Editar o valor en Wikidata
7 de decembro de 1925 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
16º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

Hernando[1] João "Nano" da Silva Ramos nado en París, Francia é un expiloto de carreiras con dobre nacionalidade franco-brasileira.[2] Tiña nai francesa e pai brasileiro.[3]

Da Silva Ramos aventurouse por primeira vez en carreiras de motor, conducindo un MG TC, en marzo de 1947, á idade de 21 anos, cando competiu no Gran Premio de Interlagos no Brasil.[3] Durante 1953 comezou a competir nun Aston Martin DB2/4 en carreiras de coches deportivos en Francia. En 1954 en Montlhéry, cruzou a liña no segundo lugar na París Cup, pero foi o gañador da Coupe de Montlehery. No mesmo ano, tamén participou na carreira das 24 Horas de Le Mans, con Jean-Paul Colas como o seu copiloto, retirouse logo de 14 horas despois dun fallo do eixe traseiro. Tamén en 1954, quedou sen combustible mentres encabezaba o Tour de Francia Auto e retirouse co motor danado no Rally de Marrocos. Máis adiante nese ano na Salon Cup, na cal tamén tivo que retirarse, conduciu un Gordini Type 18.[3] En 1955 (co copiloto Lucas) foi descualificado por exceso de velocidade no Rally de Monte Carlo, estaba clasificado 46º e 4º na súa clase, gañou o Coupe de Montlhery novamente, gañou o Rally Sabre-Solesmes e foi quinto na clase GT da Mille Miglia co copiloto Vidille.[4]

Da Silva Ramos participou en sete Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, debutou o 19 de xuño de 1955 e anotou un total de dous puntos de campionato.

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1955 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX MON 500 BEL NED
8
GBR
Ret
ITA
Ret
NC 0
1956 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX MON
5
500 BEL 19º 2
Gordini Type 32 Gordini 8 en liña FRA
8
GBR
Ret
ALE ITA
Ret
  1. As fontes non están de acordo co primeiro nome de da Silva Ramos. algunhas fontes (ex. FORIX, oldracingcars.com, formula1.com, ChicaneF1 Arquivado 05 de xullo de 2017 en Wayback Machine. e StatsF1) aparece como "Hermano" mentres que outra (ex. grandprix.com e Mike Lang's Grand Prix! Volume 1) aparece como "Hernando".
  2. "Drivers: Hernando da Silva Ramos". grandprix.com. Inside F1. Consultado o 6 de novembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Paolozzi, Rémi. "A Brazilian tune in Paris". 8W. Forix. Consultado o 6 de novembro de 2012. 
  4. AMOC Register

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]