Hidroscáfidos Rango fósil: Aptiano-Recente | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Hydroscapha natans | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
|
Os hidroscáfidos (Hydroscaphidae) son unha pequena familia de escaravellos acuáticos.[1] En 2010, había 23 especies incluídas nesta familia.[2] Describíronse algunhas mais recentemente.
Son escaravellos pequenos, a maioría de menos de 2 mm de lonxitude. Son de cor marrón ou torrado e teñen élitros acurtados, que deixan varios terxitos do extremo do abdome expostos. O abdome vaise estreitando progresivamente bastante. As ás están beireadas de longas setas. As larvas son fusiformes, cun amplo tórax e un abdome que se vai estreitando.[2]
Viven en alfombras de algas cubertas cunha fina capa de auga corrente. Estas alfombras poden ser as algas acumuladas que cobren xusto as beiras dunha corrente de auga.[3] Toleran un amplo rango de temperaturas; observáronse en fontes termais e en escorrentías de neves de fusión xeadas. A súa fonte de alimento son as algas.[2]
O seu ciclo reprodutor non se coñece ben. Polo menos nunha das especies a femia pon un só ovo grande sobre as alfombras de algas.[2]
Atopáronse especies de hidroscáfidos en todos os continentes menos na Antártida.
Xéneros:[4]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hidroscáfidos ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hidroscáfidos |