Hidróxido de cobalto(II) | |
---|---|
Forma azul de hidróxido de cobalto (II)
| |
Hidróxido de cobalto(II) | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O hidróxido de cobalto (II) é un composto químico de fórmula química Co(OH)2 que contén cobalto no seu estado de oxidación +2 como ión, e tamén contén ións hidróxido.[1][2]
É tipicamente azul pálido ou rosado/avermellado, e prodúcese mediante a reacción dunha base forte, como o hidróxido de sodio, cun sal de cobalto(II), como o cloruro de cobalto(II). Os sales de cobalto(II) poden ter unha cor rosa ou vermella. O hidróxido de cobalto(II) pode converterse en óxido de cobalto(II) ao quentarse.
Entre as súas aplicacións destácase a súa utilización como catalizador en reaccións químicas, como precursor na elaboración de sales de cobalto e como pigmento en pinturas e cerámicas. Ademais, é clave na fabricación de baterías de ións de litio, sendo material de partida para compostos máis complexos empregados como cátodos nestas baterías.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hidróxido de cobalto(II) |
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |