Os Hillary Montes son unhas montañas que acadan os 3,5 km, situadas no planeta ananoPlutón.[2] Están situadas ó noroeste de Norgay Montes na zona fronteiriza suroeste de Sputnik Planitia no sur de Tombaugh Regio (ou a parte de Tombaugh Regio ó sur do ecuador).[3][4] Os Hillary Montes foron vistos por primeira vez pola nave espacial New Horizons o 14 de xullo de 2015, e foron notificados pola NASA o 24 de xullo de 2015.[5]
As montañas recibiron o seu nome de Sir Edmund Hillary,[6][7]montañeironeozelandés, que, xunto co montañeiro sherpa nepalí, Tenzing Norgay, foron os primeiros alpinistas en acada-la cima do pico máis alto da Terra, o Monte Everest, o 29 de maio de 1953.[8] O 7 de setembro de 2017, o nome "Hillary Montes" foi aprobado oficialmente xunto cos nomes de Tombaugh Regio e outras doce características da superficie de Plutón, próximas ós propios Hillary Montes.[9]
Os Hillary Montes acadan os 3,5 km alto, dende a base até o pico,[2] aproximadamente a metade de alto cós Norgay Montes. Os Hillary Montes son similares en altura ó do pico do Monte Fuji, a montaña máis alta do Xapón, sobre o nivel do mar.
Plutón - Norgay Montes (cara a esquerda, a pé de foto); Hillary Montes (sobre a liña do ceo); Sputnik Planitia (na dereita) Vista próxima ó amencer con varias capas finas de néboa.
↑ 2,02,12,2Schenk, P. M.; Beyer, R. A.; McKinnon, W. B. (2018). "Basins, fractures and volcanoes: Global cartography and topography of Pluto from New Horizons". Icarus314: 400–433. doi:10.1016/j.icarus.2018.06.008.