Hinode / SOLAR B | |
---|---|
![]() Representación artística de Hinode. | |
Tipo | Científico |
Organización | ISAS |
Data de lanzamento | 22 de setembro de 2006, 21:36 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | M-5[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Uchinoura[2][6] |
Obxectivo da misión | Observación solar non visible, ultravioleta e raios X.[2][6] |
NSSDC ID | 2006-041A |
Masa | 700,0 kg[2][5][6] |
Potencia | 500 vatios[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7061 km[1] |
Inclinación | 98,1 graos |
Apoapse | 701,9 km[1] |
Periapse | 678,3 km[1] |
Hinode, previamente coñecido como SOLAR B, é un observatorio espacial da axencia xaponesa ISAS (agora reconvertida na JAXA) lanzado o 22 de setembro de 2006 mediante un foguete M-5 desde o Centro Espacial de Uchinoura xunto con outros satélites, como o Hitsat.[2][5][6]
Hinode é un observatorio espacial xaponés con colaboración internacional e sucesora da misión Yohkoh (SOLAR A). A misión do observatorio é realizar estudos do Sol no rango óptico, ultravioleta e de raios X co obxectivo de desvelar os mecanismos da interacción entre o campo magnético solar e a súa atmosfera ionizada a alta temperatura para facilitar a comprensión da variabilidades solar.[2][5]
Hinode ten resolución de abondo para medir o vector do campo magnético a escalas dos tubos de fluxo solares, podendo relacionar os cambios de estado magnético cos sucesos coronais e as erupcións solares.[2][5]
Hinode foi inxectado nunha órbita inicial heliosincrónica de 686 km de apoxeo e 280 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 98,3 graos e un período de 105 minutos.[1][3][6]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hinode |