O hipopótamo anano de Creta (nome científico: Hippopotamus creutzburgi) é unha especie extinta de hipopótamo que viviu na illa de Creta. Chegou despois da crise salina do Messiniense e viviu até o Plistoceno.[1]
Describíronse dous subespecies: Hippopotamus creutzburgi creutzburgi e Hippopotamus creutzburgi parvus, esta última máis pequena que a outra.[2]
Os ósos de hipopótamo anano de Creta foron descubertos pola paleontóloga Dorothea Bate na meseta de Katharo, ao leste de Creta, na década de 1920.[3]
Unha especie similar, o hipopótamo anano de Chipre (Hippopotamus minor), viviu na illa de Chipre até o Holoceno. Era máis pequena que calquera das dúas subespecies de hipopótamo anano de Creta.