Hipotaurina | |
---|---|
Ácido 2-aminoetanesulfínico | |
Identificadores | |
Número CAS | 300-84-5 |
PubChem | 107812 |
ChemSpider | 96959 |
UNII | 5L08GE4332 |
KEGG | C00519 |
ChEBI | CHEBI:57853 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C2H7NO2S |
Masa molecular | 109,15 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A hipotaurina é un ácido sulfínico que funciona como intermediario na síntese de taurina. Igual que a taurina, tamén actúa como neurotransmisor endóxeno a través dos receptores de glicina.[1] É un osmólito con propiedades antioxidantes.[2]
A hipotaurina deriva da cisteína (e homocisteína). En mamíferos, a biosíntese de hipotaurina a partir de cisteína ocorre no páncreas. Na vía da ácido cisteína-sulfínico, a cisteína oxídase primeiro ao seu ácido sulfínico, en reacción catalizada polo enzima cisteína dioxixenase. O ácido cisteína-sulfínico, á súa vez, é descarboxilado pola sulfinoalanina descarboxilase para formar hipotaurina. A hipotaurina é oxidada enzimaticamente rendendo taurina pola hipotaurina deshidroxenase.[3]
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |