Hippoglossina

Hippoglossina

Hippoglossina oblonga
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Paralichthyidae
Xénero: Hippoglossina
Steindachner, 1876
Especies
  • Véxase o texto

Hippoglossina é unha xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, o xénero tipo da familia dos paralictíidos.[1]

O xénero comprende sete especies, segundo os autores, propias das costas do Pacífico de ambas as Américas.

Porén, unha única especie, H. oblonga, o rapante de catro ollos,[2] encóntrase ao longo da costa atlántica do Canadá e os Estados Unidos, e está clasificada por moitos autores no xénero Paralichthys, como Paralichthys oblongus (Mitchill, 1815).

Moitas das súas especies son de interese pesqueiro.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1876 polo zoólogo austríaco Franz Steindachner.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome Hippoglossina é un diminutivo feminino do latín científico do xénero Hippoglossus, que inclúe ao halibut (e a varios fletáns), que é un peixe similar, pero de moito maior tamaño.

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome Hippoglossina que lle deu Steindachner, o xénero coñécese polo sinónimo Lioglossina Gilbert, 1890.[1]

Na actualidade dentro do xénero Hippoglossina recoñécense as seguintes sete especies:[1][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Hippoglossina Steindachner, 1876 no WoRMS.
  2. Lahuerta e Vázquez (2000, p. 80.
  3. Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2014): Especies do xénero Hippoglossina en FishBase.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]