Hipusina

Hipusina
Fórmula esquelética da hipusina
Identificadores
Número CAS 34994-11-1
PubChem 10922432
ChemSpider 9097677
UNII 3874VXF092
MeSH Hypusine
ChEBI CHEBI:21858
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C10H23N3O3
Masa molar 233,31 g mol−1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A hipusina é un aminoácido pouco común atopado en todos os eucariotas e nalgunhas arqueas, pero non en bacterias. A única proteína coñecida que contén residuos de hipusina é o factor de inicación da tradución eucariota 5A (eIF-5A) e unha proteína similar atopada en arqueas.[1] En humanos describíronse dúas isoformas do eIF-5A: eIF5A-1 e eIF5A-2. Están codificados por dous xenes distintos chamados EIF5A e EIF5A2. A proteína está implicada na biosíntese de proteínas e promove a formación do primeiro enlace peptídico. A rexión que rodea o residuo de hipusina está moi conservda e é esencial para a función do eIF5A.[2] Así, a hipusina e o eIF-5A parecen ser vitais para a viabilidade e proliferación das células eucariotas.

A hipusina fórmase no eIF-5A por modificación postraducional dun dos residuos lisilo. Están implicadas dúas reaccións e dous encimas, que son:

Atopouse un exceso de hipusina na urina de nenos e pacientes de hiperlisinemia familiar.

A hipusina foi illada primeiramente do cerebro bovino polos científicos xaponeses Shiba et al. en 1971.[3] O nome hipusina indica que a molécula consta de restos de hidroxiputrescina e lisina.

  1. Park MH (2006). "The post-translational synthesis of a polyamine-derived amino acid, hypusine, in the eukaryotic translation initiation factor 5A (eIF5A)". Journal of Biochemistry 139 (2): 161–169. PMC 2494880. PMID 16452303. doi:10.1093/jb/mvj034. 
  2. Cano VS, Jeon GA, Johansson HE, Henderson CA, Park JH, Valentini SR, Hershey JW, Park MH (2008). "Mutational analyses of human eIF5A-1 -- Identification of amino acid residues critical for eIF5A activity and hypusine modification". FEBS Journal 275 (1): 44–58. PMC 2536608. PMID 18067580. doi:10.1111/j.1742-4658.2007.06172.x. 
  3. Shiba T, Mizote H, Kaneko T, Nakajima T, Kakimoto Y, Isamu S (1971). "Hypusine, a new amino acid occurring in bovine brain. Isolation and structural determination". Biochimica et Biophysica Acta 244 (3): 523–531. PMID 4334286. doi:10.1016/0304-4165(71)90069-9. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  • n-Butilamina, relacionada co grupo 4-aminobutilo da desoxihipusina
  • Putrescina
  • Diftamida, outro aminoácido pouco común relacionado coa tradución
    • EEF2, factor de elongación eucariota 2, que utiliza a diftamida