Hiraeth

Hiraeth (pronunciado [hiraɪ̯θ])[1] é un concepto galés de nostalxia polo fogar. "Hiraeth" é unha verba galesa que non pode ser completamente traducida, que quere dicir máis que soamente "perder algo" ou "nostalxia da casa". Implica o significado de perder un tempo, unha era ou unha persoa, incluída a nostalxia polo que poida que xa non exista. Asóciase coa lembranza agridoce de botar de menos algo ou alguén, mentres se agradece a súa existencia. Tamén se pode usar para describir un anhelo por unha patria, potencialmente a dos devanceiros, onde nunca estiveras. Do mesmo xeito, os sinónimos córnico e bretón son ‘hyreth’ e ‘hiraezh’; galés, córnico e bretón comparten raíces lingüísiticas. Hiraeth ten grandes semellanzas cos conceptos portugués e galego da saudade (tema central da música de fado), coa morriña galega, coa dor romanesa , co cianalas escocés, coa toska (тоска) rusa, co Sehnsucht alemán e o tizita (ትዝታ) etíope.

  1. "How to pronounce hiraeth". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 08 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]