Holaspis laevis | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Holaspis laevis Werner, 1896 | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Holaspis guentheri é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos, subfamilia dos lacertinos, e tribo dos eremiadinos, unha das dúas integradas no xénero Holaspis.[2]
A especie foi descrita en 1896 polo zoólogo e explorador austríaco, especializado en herpetoloxía e entomoloxía, Franz Werner, no seu traballo "Über einige Reptilien aus Usambara (Deutsch-Ostafrika)", publicado en Verhandlungen der Kaiserlich-Königlichen Zoologisch-Botanischen Gesellschaft in Wien 45: 190-194.[3]
Para a do xénero, ver Holaspis.
O epíteto específico, laevis procede do latín laevis, que significa "suave".[4]
Ademais do nome actualmente válido (2022), a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]
Anteriormente Holaspis laevis era considerado unha subespecie de Holaspis guentheri.[6]
Holaspis laevis está distribuído pola África central e oriental, encontrándose en Camerún, Costa do Marfil, Ghana, Guinea Ecuatorial, Kenya, Malawi, Mozambique, Nixeria, República Democrática do Congo, Serra Leoa, Tanzania e Uganda.[5]
Case todos os espécimes de Holaspis no comercio de mascotas son de H. laevis. A cría en cativerio produciu un aumento da información sobre a bioloxía de Holaspis.[7][8]
No "Acuario de Colonia", unha femia de H. laevis de Tanzania puxo un ou dous ovos o 14 de novembro, o 22 de decembro, o 24 de febreiro e o 5 de abril. Só un ovo eclosionou despois de 54 días de incubación.[7] As femias de H. laevis depositaron ovos debaixo dunha codia. A niñada case sempre constaba de dous ovos, e rara vez as femias máis novas poñían un só. Producían niñadas cada catro ou seis semanas durante o ano. O tamaño do ovo era de entre 6,0 e 7,2 mm x 11,3 e 12,9 mm, a súa masa oscilba entre os 0,30 e os 0,38 g. A 29 °C, o tempo da incubación foi de 55 a 57 días. As crías medían de 21 a 24 mm de longo desde o fociño até a abertura xenital, e a cola medía de 30 a 35 mm de longo, e tiñan unha masa corporal de 0,23 a 0,25 g. A madurez sexual alcánzase aos 1,5 ou 2 anos en cativerio.[8]
Spawls et al. (2002) sinalan que esta especie (como Holaspis guentheri) non tolera a deforestación, pero que esta especie estendida probabelmente non estea en risco significativo. Tal e como se entende agora, H. laevis ten unha área de distribución moito máis restrinxida que a súa conxénere pero, porén, está bastante estendida e parece depender menos dos hábitats forestais que H. guentheri'.[9]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución razoablemente ampla, que se encontra en varias áreas protexidas e que non está suxeita a grandes ameazas, considera o seu status como LC (pouco preocupante).[1]