Holly Near

Infotaula de personaHolly Near

(2006) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Ukiah, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles
Ukiah High School (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz , compositora , actriz de teatro , actriz de televisión , actriz de cinema , produtora , música , compositora de cancións , cantante , cantautora , artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica tradicional Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records
Appleseed Recordings (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webhollynear.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0623783 Allocine: 38476 Allmovie: p52036
Musicbrainz: 4b53c7f2-83e8-438b-b787-73c033de5c91 Songkick: 424474 Discogs: 476013 Allmusic: mn0000579909 WikiTree: Near-255 Genius: Holly-near Editar o valor en Wikidata

Holly Near, nada en Ukiah, California o 6 de xuño de 1949, é unha cantautora, actriz e activista estadounidense.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de iniciar a súa educación secundaria en 1963, Holly Near uniuse á agrupación Freedom Singers, unha banda de música folk. En 1968 uniuse ó programa de artes teatrais da Universidade de California; ese ano asistiu á súa primeira protesta en contra da guerra de Vietnam.

Holly Near nunha marcha polos dereitos da muller no ano 2004.

A súa carreira profesional iniciou en 1969 cunha participación na serie de televisión The Mod Squad, seguida de aparicións noutras series como Room 222, All in the Family e The Partridge Family. Fixo papeis en filmes como Slaughterhouse-Five e Minnie and Moskowitz e obtivo un papel importante en Dogfight de 1991.

Formou parte brevemente do grupo de comedia musical "First National Nothing", aparecendo no álbum If You Sit Real Still and Hold My Hand, You Will Hear Absolutely Nothing (Columbia Records).

En 1970, Near participou no recoñecido musical Hair. En 1971 uniuse á xira Free The Army, un evento organizado polo activista anti-bélico Fred Gardner e polos actores Jane Fonda e Donald Sutherland. En 1972 fundou un selo discográfico independente chamado Redwood Records.[3]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Angel, Angel, Down We Go (1969), Tara Nicole Steele
  • The Magic Garden of Stanley Sweetheart (1970), Fran
  • The Todd Killings (1971), Norma
  • Minnie and Moskowitz (1971), Irish
  • F.T.A. (1972), Ela mesma
  • Slaughterhouse-Five (1972), Barbara Pilgrim
  • The Weavers: Wasn't That a Time! (1982), Ela mesma
  • Women of Summer (1985), Ela mesma
  • Dogfight (1991), Rose
  • Heartwood (1998), Lucille Burris
  1. New York Times Bio. Consultado o 9 de marzo de 2017.
  2. Ruhlmann, William (2011). "Holly Near/Biography". Allmusic biography. Rovi Corporation. Consultado o 2012. 
  3. "Biography". Her official site. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2018.