Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Escocia | |||
Concello | Cidade de Edimburgo ![]() | |||
Holyrood (scots: Halyruid,[1] escocés: Taigh an Ròid)[2] é unha área da cidade de Edimburgo, a capital de Escocia. O nome procede dunha anglización do termo escocés Haly Ruid (Santa Cruz).
Atópase xusto ao leste do centro da cidade, no fondo coa costa da Milla Real, a principal arteria histórica da cidade, que precisamente comunicaba o Castelo de Edimburgo co Palacio de Holyroodhouse, a residencia dos monarcas británicos en Escocia.
Holyrood foi nun tempo unha vila separada do Canongate, o centro histórico de Edimburgo , ata 1856. Na actualidade Holyrood acolle o Palacio de Holyroodhouse, a sede do Parlamento escocés, a abadía de Holyrood e un museo temático científico, especializado en xeoloxía, chamado Our Dynamic Earth. Polo demais, a área está chea de vivendas residenciais e de edificios gobernamentais.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Escocia |