Huerta Sur (es) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | |||
Provincia | provincia de Valencia | |||
Capital | Torrent | |||
Contén a división administrativa | Alaquàs (2023–) Albal Alcàsser Aldaia (2023–) Alfafar Benetússer Beniparrell Catarroja Llocnou de la Corona Manises (2023–) Massanassa Mislata (2023–) Paiporta Picanya (2023–) Picassent Quart de Poblet (2023–) Sedaví Silla Torrent (2023–) Xirivella (2023–) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 472.871 (2022) (1.530,82 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 308,9 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
A Horta Sud (en galego Horta Sur) ou Horta-Albufera é unha comarca valenciana do centro do País Valencià, con capital en Catarroja (aínda que non é capital administrativa nin histórica) dende que se formou a actúal comarca, substituíndo a Torrent, a cal pasou a formas da Horta Oest.
Limita ao norte coa Horta Oest, ao norte e ao leste coa cidade de Valencia e a Albufeira, ao sur coa Ribera Baixa e a Ribera Alta.
Cabe nomear a Mancomunidade Intermunicipal da Horta Sud, que é unha agrupación voluntaria de municipios con carácter xurídico que ten por finalidade a prestación conxunta de servizos e competencias supramunicipais, abarcando un ámbito administrativo superior ao delimitado pola propia comarca da Horta Sur, posto que pertencen a ela tódolos municipios da Horta Sud (a excepción de Albal) e a Horta Oest (a excepción de Paterna).
Os municipios desta comarca son:
Municipio | Poboación | Extensión | Densidade |
---|---|---|---|
Albal | 14.840 | 7,40 | 2.005,41 |
Alcàsser | 8.716 | 9 | 968,44 |
Alfafar | 20.321 | 10,1 | 2.011,98 |
Benetússer | 14.283 | 0,76 | 17.853,75 |
Beniparrell | 1.896 | 3,7 | 512,43 |
Catarroja | 25.650 | 13 | 1.973,08 |
Llocnou de la Corona | 120 | 0,04 | 3.000 |
Massanassa | 8.325 | 5,60 | 1486,61 |
Paiporta | 22.374 | 3,9 | 5.736,92 |
Picassent | 18.556 | 85,78 | 216,32 |
Sedaví | 9.575 | 1,8 | 5.319,44 |
Silla | 18.597 | 25 | 743,88 |
Totais: | 163.253 | 166,08 | 982,97 |
A Horta Sud atópase dentro do ámbito lingüístico valenciano-parlante, aínda que debido á chegada de numerosos inmigrantes castelán-parlantes nas décadas dos anos 60 e 70, en númerosos municipios foise reducindo o número de persoas de fala habitual valenciana.
Antigamente a Comarca da Horta de Valencia incluía as actuais comarcas da Horta Nord, Horta Oest, Horta Sud e a cidade de Valencia. Debido ao crecemento de todas estas comarcas vaise dividir nas catro comarcas actuais.
A comarca da Horta Sud, como o resto das Comarcas do País Valenciano, é de creación moderna, no ano 1989, e comprende parte da antiga comarca da Ribera Baixa, e parte da histórica Horta de Valencia. Estas comarcas antigas aparecen no mapa de comarcas de Emili Beüt i Belenguer "Comarques naturals del Regne de València" publicado no ano 1934.