Hototogisu ホトトギス | |
---|---|
Portada de Hototogisu (vol. 8, n.º 6, marzo do 1905) | |
País | Xapón |
Lugar | Toquio |
Lingua | Xaponés |
Categoría | Poesía |
Especialidade | Haiku |
Fundación | 1897 |
Fundador | Yanagihara Kyokudō |
Na rede | |
http://www.hototogisu.co.jp/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hototogisu (xaponés: ホトトギス; lit. "cuco") é unha revista literaria nipoa especializada en haiku. Fundada no 1897, foi a responsable da moderna popularidade do haiku entre o público xaponés. Na actualidade, é a máis prestixiosa e lonxeva revista sobre este xénero poético.[1]
Hototogisu foi fundada en Matsuyama no 1897 por Yanagihara Kyokudō, quen editou a revista baixo a dirección de Masaoka Shiki (1867-1902).[2] Non tardou en converterse no principal referente da escola literaria de Shiki. Ao ano seguinte, trasladaron as súas oficinas a Toquio, con Takahama Kyoshi (1874-1959) como novo editor.[2] Ao mesmo tempo, comezaron a incluír tamén tanka e haibun, namentres Shiki publicou os seus shaseibun ("bosquexos do cotián") en prosa.[2] Axiña se estableceu como a principal publicación de haiku da súa época, e a primeira edición toquiota vendeuse toda no primeiro día.[2]
Tras o pasamento de Shiki no 1902, a revista pasou a centrarse na ficción modernista de autores como Natsume Sōseki (1867-1916), mais no 1912 Kyoshi decidiu volver a centrarse no haiku.[3] No 1916, iniciarían unha columna dedicada en exclusivo ás poetas, como Hisajo Sugita (1890-1946).[1]
Kyoshi faleceu no 1959, e foi substituído polo seu fillo, Toshio.[3] A neta de Kyoshi, Teiko Inahata (1931-2022), foi editora entre o 1979 e o 2013.[1][4] Na actualidade, a revista está nas mans de Kotaro Inahata (1957-).