Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1959 Belfast, Reino Unido |
Morte | 13 de outubro de 2023 (63 anos) Belfast, Reino Unido |
Altura | 163 cm |
Actividade | |
Ocupación | boxeador |
Nacionalidade deportiva | Irlanda Irlanda do Norte |
Deporte | boxeo |
Clase de competición | flyweight (en) |
Participou en | |
1980 | Xogos Olímpicos de 1980 |
Hugh Russell, nado en Belfast o 15 de decembro de 1959 e finado o 13 de outubro de 2023, foi un boxeador profesional irlandés que competiu dende 1981 até 1985. Mantivo o título británico en peso galo en 1983, e o título británico de peso mosca de 1984 a 1985. Sendo afeccionado, gañou medallas de bronce nos Xogos Olímpicos de 1980 e nos Xogos da Commonwealth de 1978, ámbalas dúas na división de peso mosca.