Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XV Diocese de Liège, Bélxica (pt) |
Morte | século XV |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | compositor |
Movemento | Música clásica |
Descrito pola fonte | Dicionario Musical Riemann (1901–1904) |
Hugo de Lantins (activo entre os anos 1420 e 1430) foi un compositor da escola de borgoña e da escola francoflamenga da fin da época medieval e do inicio do Renacemento, e un dos poucos músicos que amosa riscos pertencentes a estas dúas tendencias. Compuxo música sacra e profana, e foi contemporáneo de Dufay, de Gilles Binchois e de Johannes Ciconia. Especúlase con que poida ter relación próxima de parentesco (irmán ou curmán) co compositor Arnold de Lantins.[1]
Hoxe coñécese moi pouco sobre a súa vida, con excepción dos anos 1420 a 1430. Suponse que naceu en Flandres ou nas súas proximidades, particularmente no antigo principado de Liège. Por mor do seu estilo, pode ter sido un alumno de Ciconia.[2]
Sábese que Lantins viviu polo menos quince anos (entre 1415 e 1430) en Venecia, onde escribiu a canción Tra quante rerioni para o casamento de Cleofe Malatesta de Pesaro e Theodore Paleologus (1420), fillo do emperador de Bizancio, así como un motete, Christus vincit (1423), durante a entronización do dux de Venecia, Francesco Foscari. Traballou con Guillaume Dufay, que o menciona nun texto sobre as súas creacións no seu encontro en Rimini.
Non hai certeza ningunha acerca da súa relación con Arnold de Lantins, un compositor activo no mesmo momento. As súas obras aparecen frecuentemente xuntas nas coleccións, o que garante que tiveron actividade nas mesmas áreas xeográficas. Con todo, tendo en conta as diferenzas de estilo, considérase que se trata con seguridade de dúas persoas distintas, quizais irmáns ou curmáns.
Hugo de Lantins compuxo varias misas, motetes e rondós en lingua francesa, e baladas en lingua italiana. Tiña preferencia polo rondó, forma evolucionada do vilerai, que el creou para dúas voces (cantus, tenor) sobre un instrumento acompañante (contratenor). Así, nun Gloria de Hugo de Lantins, as voces cantan o triplum e o tenor, mentres que un instrumento toca o contratenor.
De Lantins usou a imitación, é dicir, a repetición dunha melodía nun fragmento polifónico pouco despois da súa primeira aparición nunha voz diferente. Este efecto, máis presente neste compositor que en ningún outro de principios do século XV, permanecerá en vigor durante toda a centuria seguinte.
Hoxe consérvanse 18 cancións, catro delas en italiano e o resto en francés, e outras 10 composicións de carácter sacro.
Glorias[editar | editar a fonte]
Motetes[editar | editar a fonte]
Baladas[editar | editar a fonte]
Rondó italiano[editar | editar a fonte]
|
Rondós[editar | editar a fonte]
|