Hullabaloo Soundtrack | ||||
---|---|---|---|---|
Banda sonora de Muse | ||||
Data de lanzamento | 1 de xullo de 2002 | |||
Data de gravación | 1999 - 2001 | |||
Duración | 91:11 | |||
Xénero | Rock alternativo, post-grunge, new prog, música experimental | |||
Selo discográfico | Taste/Mushroom | |||
Producido por | Paul Reeve, John Leckie, Matthew Bellamy (disco un) John Cornfield (disco dous) | |||
Cronoloxía | ||||
|
Hullabaloo Soundtrack é un álbum recompilatorio da banda inglesa de rock alternativo Muse e a banda sonora do seu vídeo ao vivo Hullabaloo: Live at Le Zenith, Paris, editados ámbolos dous o 1 de xullo do 2002. O álbum ten un disco con caras-b editadas anteriormente e outro coas gravacións ao vivo das actuacións da banda en Le Zénith en París, os días 28 e 29 de outubro de 2001. Aínda que, hai que sinalar que "Forced In" é unha versión editada do tema lanzado no sinxelo "Uno", e "Shine" é unha versión acústica da que aparece no sinxelo "Hyper Music".
Todos os temas compostos por Matthew Bellamy.