Hyalinobatrachium yaku

Hyalinobatrachium yaku
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Centrolenidae
Xénero: Hyalinobatrachium
Especie: 'H. yaku
Nome binomial
Hyalinobatrachium yaku
Guayasamin, Cisneros-Heredia, Maynard, Lynch, Culebras, Hamilton, 2017[1]
Os puntos en azul sinalan onde se atopou a especie.
Os puntos en azul sinalan onde se atopou a especie.

Os puntos en azul sinalan onde se atopou a especie.

Hyalinobatrachium yaku é unha especie de ra da familia Centrolenidae.[2] Distribúense nas provincias de Pastaza, Orellana e Napo, no leste de Ecuador.[1]

Unha das características desta especie é a transparencia do bandullo e dalgúns dos órganos, sendo posible ver o corazón e as veas. Ten tamén un comportamento pouco común entre as ras, que consiste no coidado parental do macho, quen defende os ovos postos pola femia.[1] O seu nome deriva da palabra en kichwa yaku que quere dicir "auga". Recibiu ese nome porque a especie, como todas as ras de cristal, precisan auga limpa para reproducirse.[1] Aínda non foi catalogada pola UICN, mais os autores da descrición da especie suxiren que se clasifique como "con datos insuficientes" pola falta de información precisa sobre a súa distribución e poboación, así como a posibilidade de que sexa amenazada pola expansión da minaría e a extracción de petróleo na rexión.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Guayasamin, Juan; Cisneros-Heredia, Diego; Maynard, Ross; Lynch, Ryan; Culebras, Jaime; Hamilton, Paul (12 de maio de 2017). "A marvelous new glassfrog (Centrolenidae, Hyalinobatrachium) from Amazonian Ecuador". ZooKeys (en inglés) (673): 1–20. doi:10.3897/zookeys.673.12108. 
  2. "Hyalinobatrachium yaku". amphibia web. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2017. Consultado o 30 de maio de 2017.