O hydroblading é un movemento de gume ou paso de patinaxe artística no que o patinador se desliza nun gume marcado co corpo esticado en posición baixa, case tocando o xeo. Son posibles diversas variacións de posición, pero os patinadores individuais adoitan executalo co gume interior cara a atrás co xeonllo da perna que patina moi flexionada, a perna libre cruzada por detrás e estendida fóra do círculo, e co torso inclinado cara ao círculo con dúas, unha ou sen ningunha man rozando o xeo.
Aínda que non foi inventado por eles, este elemento volveuse popular a comezos de 1990 grazas á parella de danza sobre xeo canadense de Shae-Lynn Bourne e Victor Kraatz.