Hylobius abietis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Non avaliado | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Hylobius abietis (Linnaeus, 1758) |
O picudo do piñeiro ou gorgullo do piñeiro, Hylobius abietis, é unha especie de insecto coleóptero polífago pertencente á familia Curculionidae.
A autoridade científica sobre a especie é Linnaeus, foi descrita en 1758 e estudada tamén no XVIII por Macleay.
Trátase dunha especie propia de Europa, presente na Península Ibérica.
En Galiza, a praga de Hylobius abietis afecta principalmente ás plantacións de coníferas, especialmente as plántulas e árbores novas de especies como o Pinus pinaster e o Pinus radiata. Esta praga alimentase da casca das plántulas, causando danos que poden levar á súa morte e reducir o crecemento das árbores novas. As áreas acabadas de reforestar son particularmente vulnerábeis, resultando nunha elevada mortalidade. Ademais, os danos nas árbores adultas poden reducir a calidade da madeira. A xestión da praga inclúe o uso de insecticidas, a introdución de depredadores naturais e prácticas silvícolas adecuadas para reducir a súa incidencia.[1]
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hylobius abietis |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |