Hywel Williams, nado en Pwllheli o 14 de maio de 1953, é un político galés e membro do parlamento para o Plaid Cymru do distrito electoral de Caernarfon, antes ocupado por Dafydd Wigley, de 2001 a 2010 e actualmente no distrito electoral de Arfon.
Hywel Williams naceu en Pwllheli en 1953[1] e estudou en Ysgol Glan y Môr na mesma cidade.[2] Máis tarde estudou psicoloxía na Universidade de Cardiff e despois fixos prácticas na Universidade de Bangor antes de converterse nun profesional de servizos de saúde mental.
Antes da súa elección en xuño de 2001, traballou como profesor na Universidade e consultor. Tamén traballou como director de proxecto para Gohil Cymru e como voceiro do Youth Peoples Action Group en Gales. Ocupou varios cargos en organizacións que dirixen a formación de traballadores sociais e foi a fonte de moitas iniciativas para desenvolver servizos sociais en lingua galesa .
Hywel foi elixido como representante do distrito electoral de Caernarfon en 2001. Obtivo o 44% dos votos, e nas eleccións de 2005 máis do 45% cunha maioría superior a 5.200 votos. En maio de 2010 foi presentado á circunscrición de Arfon onde foi elixido cun 35,98% e unha maioría de 1.455 votos respecto ó seu rival laborista.
Na Cámara dos Comúns do Reino Unido, Hywel pertence ó Comité de Asuntos Galeses que traballa en estreita colaboración coa Asemblea Nacional de Gales. As súas misións parlamentarias dentro do Plaid Cymru corresponden ás áreas de traballo e pensións, discapacidade e saúde.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hywel Williams ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Gales |