Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de agosto de 1889 Chatou, Francia |
Morte | 7 de marzo de 1944 (54 anos) Auschwitz, Polonia |
Residencia | Lión |
Actividade | |
Ocupación | filósofa |
Influencias | |
Cronoloxía | |
7 de marzo de 1944-10 de marzo de 1944 | Transport from Drancy to Auschwitz Birkenau on 07.03.1944 (en) |
Descrito pola fonte | Jewish Women's Archive (pt) , International Academy of the History of Science (pt) , |
Hélène Metzger, nada en Chatou o 26 de agosto de 1889 e finada de camiño a Auschwitz o 7 de marzo de 1944 foi unha filósofa e historia da ciencia francesa.[1] Nos seus escritos centrouse principalmente na historia da química. Foi asasinada no Holocausto.
Hélène Bruhl naceu en 1889 nunha familia xudía de clase media. Era sobriña de Lucien Lévy-Bruhl, un influente antropólogo francés. O seu pai insistiu en que ela e a súa irmá deixasen os seus estudos despois de só tres anos na universidade.[2] En 1912, recibiu un diploma en cristalografía. Casou en 1914, mais enviuvou só un meses despois, tralo que volveu á investigación.[2]
Metgzer foi vítima do Holocausto a causa da súa ascendencia xudía. Cando Francia foi ocupada polos nazis na década de 1940, Metzger inicialmente quedou en París antes de marchar a Lyon, que era parte da chamada zone libre, a finais de 1941.[2] Rexeitou esconderse e foi arrestada pola Gestapo o 8 de febreiro de 1944. Entón foi deportada de Drancy ao campo de concentración de Auschwitz o 7 de marzo de 1944, e foi asasinada ou durante a viaxe ou ao chegar.[2]
A obra de Metzger non foi sempre recoñecida durante a súa vida e nunca obtivo un posto académico, mais na actualidade é unha das poucas historiadoras da ciencia francesas de preguerra amplamente lida.[2] A causa da súa morte prematura, a súa obra é breve en tamaña, mais non obstante foi influente. Publicou nove libros, trinta e seis artigos e numerosas recensións.[3] Contemporáneos dela como Gaston Bachelard e Émile Meyerson citaron habitualmente as súas obras, e Thomas Kuhn, na introdución do seu libro The Structure of Scientific Revolutions (1962) refírese a ela como unha das súas principais inspiracións.
En 1918, Metgzer presentou unha tese sobre a emerxencia da ciencia dos cristais. Durante as décadas de 1920 e 1930 publicou seis libros sobre a historia da química nos séculos XVII e XVIII mentres vivía co diñeiro do seu dote.[2]