IC3b (complemento)

O compoñente do complemento iC3b ou iC3b (C3b inactivado) é un fragmento de proteína que forma parte do sistema do complemento do sistema inmunitario innato dos vertebrados. iC3b prodúcese cando o factor I do complemento corta C3b.[1] Os receptores do complemento dos leucocitos poden unirse a iC3b, e deste xeito iC3b funciona como unha opsonina. O recoñecemento de iC3b polo receptor do complemento tipo 3 (CR3) favorece a opsonofagocitose do patóxeno por macrófagos e a estimulación da inmunidade adaptativa polos antíxenos opsonizados polo complemento.[2] A diferenza do C3b intacto, iC3b non se pode asociar co factor B, o que impide a amplificación da fervenza do complemento por medio da vía alternativa. O factor I do complemento pode cortar tamén o propio iC3b nun fragmento proteico coñecido como C3d.

  1. Robbins Basic Pathology 8th ed 2007. R Cotran, S Robbins, V Kumar, J Perkins. W.B. Saunders Company.
  2. Fernández, F. J., Santos-López, J., Martínez-Barricarte, R., Querol-García, J., Martín-Merinero, H., Navas-Yuste, S., … Vega, M. C. (2022, April 12). The crystal structure of iC3b-CR3 αI reveals a modular recognition of the main opsonin iC3b by the CR3 integrin receptor. Nature Communications. Springer Science and Business Media LLC. http://doi.org/10.1038/s41467-022-29580-2 [1]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.