IC 5146 | |
---|---|
Imaxe de afeccionado da "Nebulosa do Casulo" IC 5146. | |
Datos para a observación | |
Época= X2000,0 | |
Tipo de obxecto | Nebulosa de reflexión/emisión |
Ascensión recta | 21h 53m 30s[1] |
Declinación | +47° 21.2′[1] |
Distancia | ~4.000 al[2] |
Magnitude aparente | 7,2[3] |
Dimensións aparentes | 12′ x 12′[3] |
Constelación de | Cygnus |
Características físicas | |
Radio | 6,28 al[4] |
Magnitude absoluta | ? |
Outras designacións | Nebulosa do Casulo, Caldwell 19, Sh 2-125 |
IC 5146 (tamén coñecida coma Caldwell 19, Sh 2-125, e a Nebulosa do Casulo) é unha nebulosa de reflexión[5]/emisión e tamén é un obxecto de Caldwell da constelación de Cygnus. IC 5146 fai referencia específica ó cúmulo estelar mentres que Sh2-125 fai referencia á nebulosa.[6] A súa magnitude varía segundo a fonte, que sería entre 10,0[7] a 7,2.[3] As súas coordenadas celestiais son RA 21h 53.5m e DEC +47° 21.2′. Está preto da estrela visible a simple vista Pi Cygni, do cúmulo aberto NGC 7209 da constelación de Lacerta, e tamén está preto do brillante cúmulo aberto M39.[5][7] O cúmulo está aproximadamente a uns 4.000 anos luz de distancia, e a súa estrela central formouse hai tan só 100.000 anos;[2] a nebulosa ten uns 12 arcmins de diámetro, o cal son case 12,5 anos luz de diámetro.[4] Cando se observa IC 5146, a nebulosa escura Barnard 168 (B168) é unha parte inseparable da experiencia, esta nebulosa forma unha especie de tona aberta que rodea a toda a nebulosa e que se proxecta cara ao oeste, dándolle o toque final de envoltorio aberto ó casulo.