INTA-100 | |
---|---|
Función | Foguete sonda |
fabricante | Instituto Nacional de Técnica Aerospacial |
Tamaño | |
altura | 4 m |
diámetro | 0,1 m |
masa | 70 kg |
Etapas | 2 |
Lanzamento históricos | |
Estado | retirado |
exitosos | 15 |
Último voo | 8 de abril de 1992 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O INTA-100 foi un foguete sonda español de dúas etapas desenvolvido polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial nos anos 1980 para a investigación meteorolóxica.
O seu desenvolvemento tiña como obxectivo lanzar cargas útiles pequenas, así como a preparación do futuro programa Capricornio. O primeiro lanzamento de probas tivo lugar o 11 de xuño de 1984, sucedido por outros até o lanzamento en condicións reais, o 7 de abril de 1992.[1][2]
Era capaz de levar unha carga útil de 6 kg até 115 km de apoxeo. A súa masa total era de 70 kg, cun diámetro de 10 cm e unha lonxitude de 4 m. A combustión do seu motor principal duraba 42 segundos.[3] Usaba como primeira etapa o foguete aire-terra INTA S-12 e como segunda, a chamada Urbión. O foguete foi producido integramente en España e foi utilizado polo Instituto Nacional de Meteorología.[4]
Sitio de lanzamento | Data | Referencia | Propósito do lanzamento | Resultado |
---|---|---|---|---|
O Arenosillo | 11/06/1984 | INTA MZ-8401 | Proba, Zorzal 1, Maqueta | Éxito |
12/06/1984 | INTA MZ-8402 | Proba, Zorzal 2, Maqueta | Éxito | |
13/06/1984 | INTA RP-8401 | Lastrado, Rocío 1 | Éxito | |
27/03/1985 | INTA RP-8501 | Lastrado, Rocío 2 | Éxito | |
18/06/1985 | INTA RP-8502 | Lastrado, Rocío 3 | Fallo | |
24/06/1985 | INTA RP-8503 | Lastrado, Rocío 4 | Éxito | |
13/11/1985 | INTA RP-8504 | Lastrado, Rocío 5 | Éxito | |
15/11/1985 | INTA RP-8505 | Chaff, Rocío 6 | Éxito | |
17/10/1990 | INTA MZ-9001 | Proba, M0, Maqueta | Éxito | |
21/10/1990 | INTA MZ-9002 | Proba, M1, Maqueta semiactiva | Éxito | |
22/10/1990 | INTA MZ-9003 | Proba, M2, Maqueta semiactiva | Éxito | |
18/01/1991 | INTA RP-9101 | Proba, Rocío 7, Prototipo | Éxito | |
18/01/1991 | INTA RP-9102 | Meteo, Rocío 8, Prototipo | Fallo | |
14/10/1991 | INTA RP-9103 | Proba, Rocío 9, 25 anos en Arenosillo | Éxito | |
15/10/1991 | INTA RP-9104 | Proba, Rocío 10 | Éxito | |
07/04/1992 | INTA RP-9201 | Carga de pago tecnolóxica, Rocío 11 | Éxito | |
08/04/1992 | INTA RP-9202 | Carga de pago tecnolóxica, Rocío 12 | Éxito |