ISO / Infrared Space Observatory | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | Axencia Espacial Europea |
Destino actual | Fóra de servizo.[1] |
Data de lanzamento | 17 de novembro de 1995, 1:20 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Ariane 44P[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6] |
Obxectivo da misión | Observación astronómica no infravermello.[2][6] |
NSSDC ID | 1995-062A |
Masa | 1800,0 kg en seco, 2500 kg coa carga de helio e hidróxeno líquidos.[5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 41.700 km[1] |
Inclinación | 4,9 graos[1] |
Apoapse | 70.186,0 km[1] |
Periapse | 472,3 km[1] |
ISO (acrónimo de Infrared Space Observatory) foi un observatorio espacial da Axencia Espacial Europea lanzado o 17 de novembro de 1995 mediante un foguete Ariane 44P desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa.[2][5][6]
ISO foi lanzado para facer observacións astronómicas no infravermello cunha sensibilidade mil veces superior ó do observatorio espacial IRAS grazas á súa capacidade de permanecer observando un mesmo obxecto durante horas. Entre as observacións de interese contábanse as ondas de densidade no medio interestelar e a súa contribución á formación estelar e o estudo dos planetas xigantes, os asteroides e os cometas do sistema solar.[1][2][5][6]
O telescopio de ISO era de tipo Ritchey-Chretien, cunha apertura de 60 cm e un campo de visión de 20 minutos de arco, cunha precisión no apuntado de 5 segundos de arco. Podía observar no rango de lonxitudes de onda entre 2 e 120 micrómetros e os instrumentos estaban refrixerados ata os 1,9 K mediante helio e hidróxeno líquidos. Cada órbita proporcionaba unhas dez horas de observación. Os datos transmitíanse a 44 kbps.[2][5]
ISO foi inxectado nunha órbita inicial de 70.998 km de apoxeo e 990 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 5,2 graos e un período de 1440 minutos. O helio e hidróxeno refrixerantes agotáronse o 8 de abril de 1998, tras do cal algúns instrumentos seguiron observando durante unhas 150 horas ata que a temperatura subeu demasiado. Durante o mes posterior ISO foi usado para facer probas dalgúns dos seus elementos fora do rango normal de condicións de uso e máis tarde baixouse o seu perihelio para asegurarse de que acabará reentrando na atmosfera entre 20 e 30 anos a partir da data en que deixou de funcionar. ISO foi apagado definitivamente o 16 de maio de 1998.[2][5]
ISO levaba os seguintes instrumentos a bordo:[5]