I Muvrini | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Córsega, Francia ![]() |
Período | 1979 - presente |
Xénero(s) | folk |
Na rede | |
https://www.muvrini.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
I Muvrini é un grupo de música folk corso que canta música corsa en lingua corsa.
O grupo formouse a comezos dos oitenta polos irmáns Ghjuvan Francescu Bernardini e Alanu Bernardini, que naceron na vila de Tagliu-Isulacciu ao norte de Córsega. O seu nome tomárono dunha caste de ovella selvaxe que vive nas montañas de Córsega.
Os irmáns Bernardini foron introducidos á música tradicional corsa a unha idade temperá polo seu pai, Ghjuliu Bernardini, que era un coñecido poeta e cantante. Gravaron o seu primeiro single co seu pai en colaboración co grupo Canta u Populu Corsu. Ghjuliu Bernardini morreu en decembro de 1977 e o primeiro álbum de I Muvrini', I Muvrini ... ti ringrazianu, que saiu á venda en 1979, foi dedicado á memoria do seu pai.
En 2000, I Muvrini xuntouse con Sting para gravar a súa máis famosa canción, "Terre d'Oru" (en inglés Fields of Gold).
A través da súa carreira musical promoveron a lingua e a cultura corsas.
Nos últimos anos, I Muvrini teñen cantado e colaborado con outros artistas: