O satélite Ibuki (いぶき Ibuki?), en xaponés respiro (tamén coñecido en inglés como GOSAT, Greenhouse Gases Observing Satellite) é o primeiro satélite artificial dedicado a medir en forma regular os gases invernadoiro na atmosfera terrestre. Ibuki será capaz de medir a cantidade de dióxido de carbono e metano en máis de 56.000 puntos da atmosfera.
Construído pola Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial, foi lanzado o 23 de xaneiro de 2009 dende o Centro Espacial Tanegashima, na illa do mesmo nome.
O Ministerio de Medio ambiente xaponés e o Instituto Nacional para Estudos Medio Ambientais usará a información recollida para realizar un seguimento dos gases que provocan o efecto invernadoiro, e os datos serán compartidos coa NASA e outras organizacións de varios países.