Icía

Icía[1][2] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o latín Caecilia, que se considera un derivado do adxectivo tamén latino caecus 'cego'. A Gens Cecilia era unha das grandes familias da República Romana. En galego tamén ten as variantes Cecilia, Cilla e Cecía, e os hipocorísticos Cía e Sía.[2]

En xaneiro de 2023 existían 675 mulleres en Galicia co nome Icía, cunha media de idade de 11,6 anos,[3] 1.139 co nome Cecilia, cunha media de idade de 41,8 anos[4] 31 co nome Sía, cunha media de idade de 3,6 anos[5] e 7 co nome Cecía, cunha media de idade de 24,9 anos.[6] Non hai persoas rexistradas coa variante Cilla.

Historia do nome

[editar | editar a fonte]

O nome está moi relacionado cos nomes Celia (variantes: Celeste, Celestina, Celina e Celsa) provenientes tamén do latín e co significado: pertencente ao ceo.

Non é un nome moi común en Galicia, pero si en Asturias. Santa Cecilia, Cilla ou Sía é padroa de catro parroquias en Galicia: Freán, O Saviñao; Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol; Santa Cilla do Valadouro, Foz e Santa Sía de Roma, Zas.[7] Como curiosidade, a variante galega Cilla tamén é usada en Suecia e Holanda.

Santa Icía é a patroa dos músicos.

Santa Icía (en latín, sancta Caecilia), santa padroa dos músicos, foi unha nobre romana convertida ao cristianismo e martirizada pola súa fe entre os anos 180 e 230.

A principal festa de Santa Icía celébrase o 22 de novembro.

Santas
Beatas

Variantes noutras linguas

[editar | editar a fonte]
Variantes masculina

Algúns persoeiros

[editar | editar a fonte]
Galegas
Outras

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]