![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de abril de 1908 ![]() Tambov (Imperio Ruso) ![]() |
Morte | 24 de decembro de 1974 ![]() Londres (Reino Unido) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafa ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Victor Musgrave Edmond Belali ![]() |
Descrito pola fonte | A World History of Women Photographers ![]() |
Ida Karamian, coñecida como Ida Kar, nada en Tambov o 8 de abril de 1908 e finada o 24 de decembro de 1974, foi unha fotógrafa rusa de orixe armenia que realizou retratos de artistas e escritores célebres.
Filla de pais armenios, pasou a súa infancia entre Rusia, Armenia, Irán e Exipto. En 1928 trasladouse a París a fin de estudar química e medicina pero pronto simpatizou cos surrealistas e interesouse pola fotografía. Ao regresar ao Cairo en 1933 abriu un estudio fotográfico e participou no desenvolvemento do surrealismo en Exipto.
En 1945 trasladouse a Londres, onde participou no movemento surrealista inglés polo que a súa obra comezou a difundirse. En 1954 participou nunha exposición colectiva co título de Forty Artists from Paris and London (Corenta artistas de París e Londres) e en 1960 realizou a súa primeira exposición individual.
Algúns personaxes que fotografou son Jean Arp, Doris Lessing, Iris Murdoch, Henry Moore, Georges Braque, Jean-Paul Sartre, Dmitrii Shostakovich, Bertrand Russell, T.S. Eliot, André Breton, Eugène Ionesco, Bridget Riley, Man Ray, Fidel Castro ou Joan Miró.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |