Idomeneo de Lampsaco

Modelo:BiografíaIdomeneo de Lampsaco
Biografía
Nacemento400 a. C. Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo, historiador, biógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata
MovementoEpicureísmo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonte1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) Traducir, (sec:Idomeneus) Editar o valor en Wikidata

Idomeneo (en grego antigo Ἰδομενεύς; en latín, Idomeneus) foi un filósofo epicúreo grego que floreceu entre o -310 e o -270.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Natural de Lampsaco e discípulo de Epicuro. Casou con Batis, irmá de Sandes de Lampsaco, outro discípulo de Epicuro.

Escribiu un número considerábel de obras filosóficas e históricas, aínda que estas últimas non foron consideradas de gran valor por Plutarco, pero seguramente daban datos interesantes, xa que estaban dedicadas á vida privada dos personaxes máis insignes de Grecia. As obras perdéronse, pero Suídas e Dióxenes Laercio mencionan os seguintes títulos:

  • 1. Ἱστορία τῶν κατὰ Σαμοθρᾴκην, obra mencionada só por Suídas.
  • 2. Περὶ τῶν Σωκρατικῶν (Sobre os socráticos).
  • 3. Unha obra sobre os Pisistrátidas.
  • 4. Unha obra sobre Temístocles.
  • 5. Unha obra sobre Arístides.
  • 6. Unha obra sobre Pericles.
  • 7. Unha obra sobre Demóstenes.
  • 8. Unha obra sobre Esquines.
  • 9. Unha obra sobre Hipérides.
  • 10. Unha obra sobre Foción.

Pénsase que estas obras podían formar un conxunto, cuxo título probabelmente fose ώς δὲ Ἰδομενεύς φησι περὶ δημαγωγῶν ("como fala Idomeneo sobre os demagogos").[1]

  1. Smith, William (1867). A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology (en inglés). Boston: Little, Brown and Co.