If Anything Happens I Love You | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | If Anything Happens I Love You |
Director |
|
Produtor |
|
Guión |
|
Música | Lindsay Marcus |
Montaxe | Peter Ettinger |
Estudio | Gilbert Films Oh Good Productions |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 20 de novembro de 2020 |
Duración | 12 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Curtametraxe |
Na rede | |
https://ifanythinghappensiloveyou.com/ | |
If Anything Happens I Love You é unha curtametraxe estadounidense de 2020 escrita e dirixida por Michael Govier e Will McCormack.[1] Conta a historia de dous pais desconsolados que loitan superar a perda da súa filla, asasinada nun tiroteo escolar.[2]
O filme foi producido por Gilbert Films e Oh Good Productions. Estreouse durante unha proxección privada en United Talent Agency, en Beverly Hills o 4 de marzo de 2020, e en Netflix o 20 de novembro de 2020.[3][4] Logo da súa estrea en Netflix, a curtametraxe conseguiu a aclamación da crítica, gañando o Óscar á mellor curtametraxe animada na 93ª edición dos premios.