Ignacio Allende

Modelo:BiografíaIgnacio Allende

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1769 Editar o valor en Wikidata
San Miguel de Allende, México (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xuño de 1811 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Chihuahua, México Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCidade de México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsoldado Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1802 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeMéxico Editar o valor en Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoIndependencia de México Editar o valor en Wikidata
Ignacio Allende.

Ignacio José de Allende Unzaga, nado en 1769 e finado en 1811, foi un capitán do exército realista en México que simpatizou co proxecto de independencia do país. Asistiu ás primeiras xuntas secretas da rebelión organizadas polos corrixidores de Querétaro e loitou canda a Miguel Hidalgo na primeira etapa da guerra de independencia. Relevou a Hidalgo no liderado dos insurxentes. En Acatita de Baján, Coahuila, foi traizoado e apresado por Ignacio Elizondo, xunto con Miguel Hidalgo, Mariano Abasolo, Mariano Jiménez e Juan Aldama e conducido á cidade de Chihuahua, onde foi xulgado por insubordinación, fusilado e decapitado. A súa cabeza foi exhibida nunha esquina da Alfóndega de Granaditas, na cidade de Guanajuato, como advertencia ós insurxentes, onde permaneceu 10 anos.