Igor Mikhailovich Diakonoff (en ruso: И́горь Миха́йлович Дья́конов), nado en Petrogrado o 12 de xaneiro de 1915 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1999, foi un lingüista e asiriólogo ruso.
Fillo dun empregado de banca e dunha doutora. De 1922 a 1929 a súa familia viviu na cidade de Oslo onde se forma como bacharel en noruegués. A familia de Diakonoff consta cunha enorme notoriedade no campo académico, seu irmán Mikhail Dyakonoff, foi unha autoridade en estudos iraníes, a súa sobriña Elena Dyakonova é tradutora de xaponés antigo. A súa muller Nina Dyakonova historiadora e crítica do romanticismo inglés de comezos do século XIX, ou os seus fillos Mikhail Igorevich Dyakonov, laureado doutor en física e matemáticas pola URSS e Dmitry Igorevich Dyakonov, doutor en física e cabeza do programa de física teórica en altas enerxías.
Na facultade de Historia de Leningrado ingresa no grupo de asirioloxía do profesor A.P.Riftin. Traballa facendo inventario da colección de Nikolay Likhachyov de táboas en escritura cuneiforme, chegando a memorizalas e clasificándoas por tipos e xéneros. Doutórase en relacións da rexión de Asiria. No 1944 é alistado na guerra contra os alemáns, liderando un comando de liberación en Kirkenes grazas ao seu bilingüísmo. De volta ao réxime civil no 1946 comeza a traballar no libro O desenvolvemento das relacións territorias en Asiria [Развитие земельных отношений в Ассирии] (Leningrad 1949)
Nas décadas posteriores concéntrase nunha tarefa de longa duración, descifrar e editar os documentos das Fortalezas Partas de Nisa. Traballo comezado na década do 1940 xunto con V.A.Livshits e o seu irmán máis vello, M.M.Diakonoff. A tarefa lévalles máis de vinte anos (o primeiro paper foi publicado no ano 1951) e, en 1970, estréase a extensa edición do Corpus Inscriptionum Iranicarum, Pt. I-III, Vol. II. Parthian Economic Texts from Nisa con edicións de D.N. MacKenzie. L. e Lund Humphries ata o 1979. Tralo decifrado os editores adoptan e publican o consenso de que o texto está escrito en idioma parto con heterogramas arameos.
En paralelo, Diakonoff , publica Historia de Media desde os primeiros tempos até o século 4º A.C. [История Мидии от древнейших времен до конца IV в. до н. э.] (Moscova—Leningrad 1956). Traballo no que consultou e decifrou documentos do persa antigo.[1]